miércoles, 15 de diciembre de 2010

domingo, 24 de octubre de 2010

Google

Google é un buscador que gusta a toda a xente, xa que é moito máis rápido ca calquera dos outros e é moito máis doado atopar a información desexada ou incluso unha páxina en especial. Para min este buscador non ten, por agora, ningún contra, xa que non me deu endexamáis ningún erro.
Cada vez que teño que buscar información ou algo en Internet sempre o fago a través de Google, xa que é o que máis me agrada e o único que nunca me deu ningún problema.
Con respecto a outros buscadores, soamente podo falar do Yahoo que é o buscador que coñecín ao principio, máis unha vez que descubrín Google decidín pasarme a él polo feito de que é moito máis rápido, máis sinxelo e con moitas máis aplicacións ca Yahoo.
Ademais, Google ten unha característica especial que o separa de calquer outro buscador, chamado Page Rank, que é un valor numérico que representa a importancia que ten unha páxina en Internet.
A publicidade é bastante incordiosa como en todod os buscadores xa que moitas veces che aparece sen máis na pantalla, non obstante Google ten este tema bastante ben ordenado.
Verdadeiramente o invento de Google foi moi importante para o mundo tecnolóxico e informático que dou paso a moitas novas formas de uso de Internet e moitas formas de recoller información na rede.
Todos os buscadores causaron impacto a primeira vez que utilizei un xa que non se pasaba pola cabeza que puidera haber tanta información gardada.